Preparar una oposición requiere tiempo y esfuerzo. Pero no todo el mundo tiene el mismo tiempo, ni puede dedicarle el mismo esfuerzo.
La clave está en trabajar con temas simples, basados en conceptos e ideas. Trabajaremos la memoria visual con el objetivo de aprovechar el tiempo dedicado para facilitar alcanzar la meta.
El tiempo invertido debe ser, siempre, el mínimo necesario para alcanzar el objetivo: aprobar.
Nuestro tiempo es un tesoro que debemos administrar para alcanzar nuestros objetivos sin renunciar a nada.
Nuestra preparación debe ser compatible con otras actividades laborares o personales.
La Administración pública gallega ofrece una magnífica oportunidad profesional en los próximos años.
A Oferta de Emprego Público da Administración Xeral para 2021 ascende a 1.370 prazas, das que 1.006 son de acceso libre; 204 prazas para a promoción interna e 160 postos para continuar co proceso de funcionarización voluntaria do persoal laboral fixo da Xunta pactado no Acordo de concertación para a mellora das condicións do emprego público, asinado en 2019 cos sindicatos CC.OO. e UGT.
O maior número de prazas de acceso libre concéntrase na escala de auxiliares de clínica con 138 prazas; na escala de axentes técnicos facultativos con 101 prazas na especialidade en xardín de infancia; ou na escala de técnicos facultativos con 19 na especialidade de enfermería. Tamén se inclúen 49 prazas para a escala de enxeñeiros técnicos; 45 prazas na escala de enxeñeiros; 35 para a escala de ciencias; ou 13 prazas para a escala de xerocultor. A todas estas prazas poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias, e as probas desenvolveranse a través do sistema de concurso-oposición.
LIBRE
En canto ao eido administrativo, destacan 79 prazas para o corpo superior (A1), 81 para o corpo de xestión (A2), 51 para o corpo administrativo (C1), 61 para o corpo auxiliar (C2) e 47 prazas para a agrupación profesional de persoal subalterno (AP).
A proposta de decreto inclúe 204 prazas reservadas para a promoción interna do persoal funcionario. A elas só poderán acceder aqueles empregados públicos que xa teñen unha praza fixa na Administración e que queren opositar para acadar un ascenso ou promoción profesional. As probas tamén se desenvolverán a través do sistema de concurso-oposición.
Finalmente, recóllense outros 160 postos para continuar co proceso voluntario de funcionarización do persoal laboral fixo. Trátase dun proceso moi demandado polo persoal laboral fixo da Xunta e ao que se acolleu o 95% do persoal susceptible de funcionarizar. As primeiras probas de funcionarización celebráronse no mes de outubro do pasado ano.
A diferenza da promoción interna, estas probas non teñen carácter competitivo, senón que permitirán modificar o réxime xurídico do traballador, que pasará de ser empregado laboral fixo a funcionario da Administración.